Ola a
todas e todos e benvidos ao novo curso escolar 2.013-14.
Somos
Ratiño e Ratiña e aquí estamos outro ano con todos vos. Neste curso queremos
presentarvos un novo Proxecto Documental Integrado.
E isto
que é?, vos preguntaredes. Pois un xeito máis de divertirnos e aprender en
torno a unha temática común. E cal é esta temática común? Pois este ano
cambiamos os contos pola música. Traballaremos todo tipo de músicas e folclores
sen olvidarnos que somos galegos, polo que nos centraremos máis nas variantes
musicais da nosa terra.
Así
que, escomenzamos co novo blog: “A música en Galicia”. E para
que vaiades facendo oído, vos deixamos cun tema musical moi marchoso que fai
conciencia medioambiental cos nosos queridos montes, que últimamente están a
sufrir moitísimo.
Os
Resentidos - Arde Galicia.